Comunicacións Directiva, Mobilidade, Urbanismo

Xoves 7 de Xullo: “A peonalización de Monte Alto a debate”


Foto dun parcheo feito en vereda do Polvorín.

Foto dun parcheo feito en vereda do Polvorín.

Logo do anuncio non consensuado do Goberno Municipal da Marea Atlántica sobre a peonalización de vereda do Polvorín, rúa Marola, Santo Tomás e rúa da Torre, a nosa entidade veciñal quere celebrar unha asemblea aberta na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte coa finalidade de coñecer de primeira man o plan do Concello da Coruña (que só foi anunciado a través dos medios de comunicación) para poder decidir colectivamente unha obra que afectará á vida das veciñas e veciños da zona.

Ao longo deste tempo, dende que foi comunicada nun acto público no Centro Cívico do Barrio, [“La entidad vecinal de Monte Alto teme la falta de aparcamiento en el barrio”] foron moitas as persoas que acudiron á asociación veciñal preocupadas por como será a modificación do tráfico nas rúas afectadas así como os problemas de aparcamento que suporá a eliminación de prazas sabendo que, a solución da ronda de Monte Alto, non será capaz de acoller todos os vehículos particulares que, por falta de garaxes, deben deixalos na rúa.

Por este motivo, convidaremos á xuntanza tanto ao concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, así como a unha representación de cada partido da oposición para que escoiten o parecer das veciñas e veciños de Monte Alto: as súas preocupacións, as súas dúbidas e as súas alternativas.

  • Día: Xoves 7 de Xullo 2016
  • Hora: 20:00 horas.
  • Lugar: Biblioteca Veciñal do Campo de Marte
Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: