Comunicacións Directiva

Encontro entre Rosa Gallego, portavoz do Partido Popular da Coruña, e Alberte Fernández, presidente da nosa entidade


Alberte Fernández amosa a Biblioteca Veciñal á portavoz popular.

Alberte Fernández amosa a Biblioteca Veciñal á portavoz popular.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere informar da xuntanza mantida na Biblioteca Veciñal entre o presidente da nosa entidade, Alberte Fernández, e a representante do grupo municipal do Partido Popular, Rosa Gallego.

“O presidente da nosa entidade reprochou á representante popular o espectáculo ofrecido na tramitación dos presupostos.”

Dentro do marco de diálogo con todas as forzas políticas e, logo da petición enviada por dita organización para a celebración desta reunión, ambos interlocutores repasaron a historia das relacións e conflictos entre a etapa de goberno do ex-alcalde Carlos Negreira até a actualidade: o intento de tomar o control da Asociación, a creación de entidades paralelas, a eliminación do convenio nominativo para axudar a manter aberta a Biblioteca, as denuncias e xuizo contra a veciñanza no caso das Durmideiras…

“Ambos interlocutores repasaron a historia das relacións e conflictos entre a etapa de goberno do ex-alcalde Carlos Negreira até a actualidade.”

Rosa Gallego asumiu o erro que supuxo retirar o convenio da Biblioteca e informou da vontade do Partido Popular de apoiar a recuperación do mesmo. Alberte Fernández replicou que, por parte da entidade veciñal, agardaba que a historia non se repetise no futuro.

Do mesmo xeito, o presidente da nosa entidade reprochou á representante popular o espectáculo ofrecido na tramitación dos presupostos por parte de todas as organizacións políticas e demandou que non se empreguen as vidas das veciñas e veciños da Coruña como moeda de cambio para intereses partidistas e electoralistas.

Despois desta primeira parte, a entidade amosou a súa vontade de retomar o diálogo para acadar as melloras precisas para a veciñanza do Barrio. Recoñecendo que o Partido Popular representa a unha parte importante da xente da cidade.

“Rosa Gallego asumiu o erro que supuxo retirar o convenio da Biblioteca e informou da vontade do Partido Popular de apoiar a recuperación do mesmo.”

Alberte Fernández amosou á portavoz popular as demandas entregadas pola entidade a todos os grupos políticos nas eleccións municipais do ano 2015, onde se recollían multitude de solicitudes de mellora para a zona que ían dende asuntos sociais, mobilidade, urbanismo, educación, economía, a petición dun Plan de Rehabilitación Integral…

O encontro supón a recuperación dunha vía de diálogo que, durante o mandato do ex-alcalde Carlos Negreira, sufrira un deterioro importante.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: