Comunicacións Directiva, Urbanismo

Novo encontro entre a entidade veciñal e a concellaría de Rexeneración Urbana para falar do Mercado de Monte Alto.


Precísase unha marquesiña máis grande.

Precísase unha marquesiña máis grande.

A pasada semana, a nosa entidade veciñal e a concellaría de Rexeneración Urbana, mantivemos un encontro coa finalidade de falar da futura reforma da Praza do Mercado de Monte Alto. Na xuntanza, que durou aproximadamente unha hora, as persoas representantes do noso colectivo achegaron aos técnicos municipais as demandas recibidas no encontro celebrado no Centro Cívico (Monte Alto 2.0).

DEMANDAS DA ENTIDADE VECIÑAL RECOLLIDAS NO ENCONTRO 2.0

  1. Apoio total das demandas feitas pola Escola Infantil e a ANPA da mesma situada en dito Mercado.
  2. Apoio das demandas feitas polo grupo Scout Nyeri para a mellora da praza e do local social.
  3. Mellora da accesibilidade en toda a praza.
  4. Mellora do sistema de canalización de auga da choiva.
  5. Reformular o recinto engadindo un espazo verde que lle dea vida (actualmente é todo cemento).
  6. Creación dun espazo de xogo adaptado a todas as idades e necesidades. Instalación de aparatos específicos para as persoas de idade avanzada. Instalación de sistemas protectores debido á altura da praza e á súa contorna, de elevado tráfico.
  7. Ampliación da rúa á altura do Mercado coa finalidade de dar servizo aos autobuses que fan cabeza de liña e permitir un tráfico fluído. Mellora da marquesiña.
  8. Rehabilitación do aparcadoiro soterrado e control da zona de carga e descarga do Gadis.
  9. Eliminación dos sistemas de aireación do Gadis que van dar á Escola Infantil.
  10. Conservación e mellora dos dous locais para as entidades sociais que están situadas no propio Mercado: Grupo Scout Nyeri e Airiños da Torre.

DEMANDAS FEITAS POLA ESCOLA INFANTIL DE MONTE ALTO E A ANPA DA MESMA

  1. Podes baixalas da páxina web da propia escola ou facendo clic aquí.
Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: