Cultura, Terceira Idade, Xuventude

Actividades no Centro Cívico do Barrio para o mes de marzo.


Imaxe do Centro Cívico

Imaxe do Centro Cívico

Dende a dirección do Centro Cívico de Monte Alto fannos chegar o programa de actividades do mes de marzo por se fose do voso interese.

+ Enderezo: Praza dos Avós s/n (Vereda do Polvorín)

+ Información: 981 – 184 – 371

+ Contacto: ccmontealto@coruna.es


 VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Nela poderase admirar o mar e as súas criaturas. Acuarios de gran volume representan todos os ecosistemas da costa galega

Visitaremos a sala Nautilus, mergullada no mar, para revivir o soño de Xullo Verne en ‘20.000 leguas de viaxe submarina’.Nun decorado que recrea o gabinete do capitán Nemo, cunha música composta para esta sala, miles de peixes de 50 especies diferentes nadan á túa ao redor. quenllas touro, aguias mariñas, meros ou rodaballos viven neste tanque de máis de catro millóns de litros de auga.

+ Data: martes, 8 de marzo de 2016
+ Lugar: Aquarium Finisterrae
+ Horario: De 16:00 a 18:00h.
+ Dirixido a: público en xeral.
+ Custo: Gratuíto
+ Inscrición: do 1 ao 7 de marzo, por orde de chegada na conserxería do centro cívico.

PUNTO DE ENCONTRO: ás 15:55 diante do Aquarium Finisterrae

Prazas limitadas


CELEBRACIÓN DO DÍA 8 DE MARZO: “DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES”

Traballo transversal da temática do Día Intercional das Mulleres nalgunhas das actividades socioculturais do centro cívico.


VISITA AO KIOSCO ALFONSO, EXPOSICIÓN “ OS OBXECTOS FALAN”

“Os obxectos falan”, título desta exposición organizada polo Museo Nacional do Prado e a Obra Social “a Caixa”, reúne unha selección de pinturas e obxectos das principais escolas do museo –española, flamenca, italiana e francesa– dentro dun marco cronolóxico que vai desde o século XVI ata finais do XIX. As pinturas e os obxectos que se representan fálannos de costumes e culturas, evocan imaxes, suxiren ideas e permiten establecer relacións entre conceptos moi diversos. A exposición articúlase ao redor de catro seccións temáticas: a clave está no obxecto; os obxectos retrátannos; unha mensaxe escondida e o coleccionismo.

+ Data: venres, 18 de marzo de 2016
+ Lugar: Kiosco Alfonso
+ Horario: De 18:00 a 19:00h.
+ Dirixido a: público en xeral.
+ Custo: Gratuíto
+ Inscrición: do 10 e 16 de marzo, por orde de chegada na conserxería do centro cívico.

+ PUNTO DE ENCONTRO: ás 17:55 diante do Kiosco Alfonso

Prazas limitadas


RECUNCHO DO XOGO SEMANA SANTA

+ Datas de realización da actividade: 21, 22 e 23 de marzo de 2016
+ Horario: de 10:00 a 13:00h.
+ Dirixido a: menores de 4 a 12 anos cumpridos no momento da preinscrición.
+ Custo: 7,74 €
+ Preinscrición: 1 ao 9 de marzo, en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 h, na conserxería do centro cívico,excepto o domingo día 5 pola mañá.
+ Sorteo: 9 de marzo ás 20,15 h
+ Publicación listados de admitidos/as e en espera: 14 de marzo
+ Inscrición: 15, 16 e 17 de marzo, en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 h, na conserxería do centro cívico


 

OUTROS:

BAILES MAIORES

Achégate e goza dos bailes semanais con música en directo…

+ Lugar de realización: Salón de actos do Centro Cívico
+ Días de realización: 6, 13,20 de marzo de 2016
+ Horario: 17:00h. A 20:30h.
+ Custo: 1,50 €

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: