Comunicacións Directiva, Dereitos Sociais, Mobilidade, Saúde, Terceira Idade

O Concello da Coruña non amplía a liña 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico pero crea liñas especiais para a Copa do Rei de Baloncesto.


Membros da nosa entidade falan coa xente do autobús 17.

Membros da nosa entidade falan coa xente do autobús 17.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, queremos facer público o posicionamento da entidade perante o silencio administrativo por parte da Concellaría de Mobilidade á petición de ampliación da liña 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico.

Logo da xuntanza o pasado 17 de febreiro co concelleiro Daniel Díaz, a entidade veciñal non recibiu unha contestación oficial á demanda feita polas veciñas e veciños do barrio e da cidade de ampliar, aínda que fose de xeito temporal mentras non se fai a modificación de liñas co novo plan de mobilidade, a liña número 17 que, actualmente, conecta Monte Alto co CHUAC.

Segundo o concelleiro, o motivo para non aumentar o número de vehículos era a “falta dos mesmos” e, para non ampliar a liña, era “o aumento do tempo na frecuencia de paso”. Algo que queda en entredito no momento en que, sen ningún tipo de problema, o Concello da Coruña modifica o seu plan de mobilidade para facer fronte á Copa do Rei de Baloncesto sen reparar en gastos á hora de aumentar o número de buses e crear liñas especiais para chegar ao Colliseum.

Entendemos, entón, que se trata de cuestións de prioridades e que, dentro destas prioridades, non está o de ofrecer á veciñanza que o precisa un xeito áxil, cómodo e directo de chegar a uns centros hospitalarios tan importantes como son o Materno Infantil – Oncolóxico. Pois como xa incidimos en moitas ocasións, o Materno Infantil posúe un Centro de Día de atención oncolóxica e que, os tratamentos que alí se administran, impiden ás persoas enfermas realizar transbordos innecesarios.

Agardamos que o concelleiro de mobilidade recapacite e decida finalmente acceder ás demandas que as veciñas e veciños da cidade lle fixeron chegar a través das máis de 1.100 sinaturas entregadas no mes de decembro. De non obter resposta logo desta denuncia pública, a entidade veciñal procederá a realizar diversas accións de protesta coa finalidade de que as demandas expostas sexan atendidas.

Advertisements

Conversa

One thought on “O Concello da Coruña non amplía a liña 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico pero crea liñas especiais para a Copa do Rei de Baloncesto.

  1. O concello puxo buses para a copa do rei en horarios…

    Antes dos partidos cubríuse coas liñas habituais, sen servizos especiais
    Xoves e venres e sábado despois do derradeiro partido. Isto é alén das 23h, cando a maior parte dos servizos das liñas habituais xa están en cocheiras.

    Sábado antes dos partidos. Servizo especial dende a praza de Pontevedra. O sábado hai menos frecuencia de paso nas liñas convencionais, polo que se servíu de eso para servilo.

    Domingo antes e despois dos partidos. Os domingos hai menos frecuencias en tódalas liñas convencionais, polo que se serviron con estes.

    Non entro a valorar a necesidade ou non de ampliar a liña ao Materno, que seguro que sí, pero as cousas como son

    Posted by Ángeles | Marzo 3, 2016, 3:54 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: