Comercio, Comunicacións Directiva, Urbanismo, Xuventude

Xuntanza entre a ANPA da Escola Infantil Monte Alto, praceiras/os do Mercado de Monte Alto e a nosa entidade veciñal co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela.


Un momento da xuntanza co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela.

Un momento da xuntanza co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela.

O pasado 11 de xaneiro, a nosa entidade veciñal denunciou, a través dos medios de comunicación, o estado lamentábel no que se atopa o Mercado de Monte Alto e da necesidade urxente da súa reforma. Acompañando a nosa denuncia, a ANPA da Escola Infantil de Monte Alto, situada tamén na praza, e as praceiras e praceiros da mesma, solicitaron publicamente que as obras comezasen o antes posíbel. Do mesmo xeito, rexistramos unha petición de reunión co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, para facer chegar as demandas colectivas co fin de que se teñan en conta á hora de remodelar un espazo que debería ser punto de encontro para as veciñas e veciños do Barrio.

Este mediodía a petición colectiva foi atendida e se mantivo unha reunión co citado edil no edificio de Urbanismo, onde se lle trasladou ao Goberno Municipal a necesidade de revitalizar o espazo dun xeito definitivo. Como xa indicamos, as necesidades son diversas: creación dun parque infantil na Praza con xogos adaptados a todas as idades e necesidades, reparar ou substituír o lousado existente, prohibición e control da entrada de camións pesados na parte inferior do Mercado, revisión e substitución dos sumidoiros, revisión dos sistemas de aire do Gadis ao atoparse preto da Escola Infantil, inspección da estrutura inferior (aparcadoiro) onde as filtracións de auga fan que se atope nunha situación crítica e, para rematar, mellora da marquesiña da parada de buses que, actualmente, é insuficiente para o volume de xente que acolle. A maiores, a entidade veciñal soliciou a creación dun espazo verde na nova praza e a ampliación da estrada na zona onde fan parada os mesmos e que, actualmente, presenta problemas de mobilidade cando coinciden todas as liñas xuntas.

Pola súa banda, tanto a ANPA da Escola Infantil de Monte Alto como as praceiras e praceiros a través dun representante, informaron ao concelleiro das necesidades que observan á hora de mellorar o Mercado. Unánime foi a opinión de que o novo plan debe ser definitivo e debe ter como finalidade non só mellorar o espazo urbano senón que ten que dotalo de vida.

Acordouse, finalmente, entregar unha listaxe con todo o que, dende os diferentes colectivos, pensamos que debe mellorarse e de que as obras comecen no menor tempo posíbel dentro do ano 2016.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: