Comunicacións Directiva, Urbanismo

Explicación de Infraestruturas sobre os apagóns da semana pasada


Pérez Quevedo

Pérez Quevedo

Informamos que, no día de onte, o responsábel de Infraestruturas do Concello da Coruña púxose en contacto con nós coa finalidade de explicarnos os motivos dos apagóns acontecidos a semana pasada e que afectaron a varias rúas da zona alta do noso Barrio: Suevia, Faro, Marola, Rioja, Ronda Monte Alto, Ártabra, Colón, Pérez Quevedo…

Polo que comentan, o fallo na rede de alumeado débese a unha caixa eléctrica na rúa Marola que, debido á antigüidade dos sistemas en Monte Alto, fixo saltar a fase de dita zona. Pola nosa banda, comunicamos o descontento da veciñanza á hora de solucionar o problema (recordemos que o suceso repetiuse ao longo de tres noites) e a preocupación de que, nun futuro, pase de novo.

Agardamos que o Concello da Coruña tome nota e actualice os sistemas eléctricos do noso Barrio, evitando situacións como estas que dificultaron a vida da nosa xente e puxeron de manifesto a inseguridade veciñal perante a falta de luz. Do mesmo xeito, agradecemos as explicacións ofrecidas tal como solicitamos publicamente.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: