O pasado luns 5 de outubro, o presidente da nosa entidade veciñal, Alberte Fernández, participou no pleno do Concello da Coruña para solicitar o compromiso dos grupos políticos á hora de salvar a Agra de Santo Amaro, modificar a clasificación en zona verde de uso público da parcela situada na Praza Galatea onde estaba proxectado un edificio de 333 vivendas e melloras en Durmideiras.
Para ver a nosa intervención e a contestación do actual Goberno Municipal, deixamos o video do mesmo. Ao durar 5 horas e media, recomendamos que, de querer ver ese momento, avancedes ás 5 horas 11 minutos, onde comeza, até as 5 horas 15 minutos, onde remata.
Advertisements
Conversa
Aínda non hai comentarios.