Comunicacións Directiva, Saúde, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Entregados catro solicitas no Concello: Pista San Xosé, Liña 17, Pintor Román Navarro e Rúas Suevia, Colón…


Dende a entidade veciñal informamos que esta mañá rexistramos, no Concello da Coruña, catro solicitudes de melloras no Barrio relacionadas con urbanismo, mobilidade e deportes. Unhas peticións que xa se fixeron co goberno anterior e que recuperamos coa finalidade de que sexan atendidas o antes posíbel.

+ A primeira delas, a mellora da rúa Pintor Román Navarro, xa denunciada hai uns meses e que continúa nun estado lamentábel.

+ A segunda solicitude, relacionada coa mobilidade, foi a petición de ampliación da liña 17 de bus até o Materno Infantil – Oncolóxico e a supresión do pago do aparcadoiro recentemente inaugurado.

+ A terceira, relacionada coa pista deportiva ao carón da Igrexa San Xosé, que se atopa totalmente abandonada mentres a xente moza do Barrio salta os valados dos centros de ensino para poder xogar ao fútbol, baloncesto… Tamén pedimos a instalación dunha cuberta na mesma para os días de choiva.

+ A última petición é para as rúas Suevia, vía Ártabra, travesía Colón, escaleiras vía Ártabra e augas cheirentas na ladeira da Ronda Monte Alto.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: