Cultura, Xuventude

Presentación do libro: “Non hai luz sen escuridade” de Andrea Barreira Freije


cartazandrea“Non hai luz sen escuridade” é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a viaxe que a levará a atopar o dragón que lle pertence, Lea sae por primeira vez da escuridade dos seus dominios e agarda poder atopar a luz que vira unha vez sendo unha meniña. Ao longo da viaxe atopará moitas persoas novas e fará amizades, entre elas, Sarxa, a princesa das fadas, un ser totalmente antagónico a ela, ao tempo que adquirirá coñecementos, tanto de maxia negra como de maxia branca, e descubrirá cousas sobre si mesma.

A presentación será o Xoves 24 de Setembro ás 20:00 horas na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Presentación do libro: “Non hai luz sen escuridade” de Andrea Barreira Freije

  1. Gustoúme moito o libro, e ameno e divertido, recomendovos que o leades. Estuven na presentación con Andrea e xa deixou caer sobre o que iba pero e mellor do que esperaba. Graciñas Andrea por esta obra e animote a que sigas escribindo mais eu xa son un admiradora. Enhoraboa. Isabel

    Posted by Isabel Verdía | Outubro 28, 2015, 3:24 pm
  2. Moitas grazas Isabel: por vir á presentación, por ler o libro e polas túas verbas. Fanme moi feliz 🙂 unha aperta ben grande. Andrea Barreira

    Posted by acovadolobo | Outubro 29, 2015, 9:52 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: