Comercio, Comunicacións Directiva, Cultura, Terceira Idade, Xuventude

Programación “Festas Monte Alto 2015”: A unión fai a forza!


cartaz2015festas

Cartaz Festas Monte Alto 2015

Chegan, un ano máis, as “Festas Monte Alto” e, desta volta, con moitas novidades en actividades. Logo de diversas xuntanzas, un grupo de colectivos e locais do Barrio decidimos unir as nosas forzas coa finalidade de mudar o concepto de festividade que, até o de agora, viña facéndose na nosa cidade. Agradecer ao Concello da Coruña a súa colaboración á hora do financiamento.

  • PROGRAMACIÓN MUSICAL VENRES 4

No Campo de Marte ás 18:30 – Mamá Cabra con “15 Primaveras” (Ver Video)

No Campo de Marte ás 19:30 El Arrabal Tango (Ver Video)

No Campo de Marte ás 20:30 Clave de Fado (Ver Video)

No Campo de Marte ás 22:00  – Ruxe-Ruxe (Ver Video)

+ Nota Importante! Este ano, grazas ao Concello, haberá vasos  reutilizabeis que será onde botemos as cañas. Dito vaso valerá 1 € que, no caso de devolución, a entidade devolverá 50 céntimos. O recaudado axudará ao mantemento da Biblioteca Veciñal.

  • PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES SÁBADO 5

(Nota importante: As horas son de comezo sempre. Algunhas actividades poden coincidir en horario)

+ Ás 10:00 da mañá, o noso grupo de gaitas “Xebre” sairá da Biblioteca Veciñal do Campo de Marte percorrendo, como cada ano, as rúas e prazas do noso Barrio. Igualmente, visitarán os Centros de Maiores para achegarlles as festas.

+ Ás 11:00 e 11:30, na Praia de Santo Amaro, o Club do Mar fará unha actividade de Zumba Solidaria en dous pases: o primeiro para nenas e nenos e o segundo para a xente adulta. RECOLLIDA DE ALIMENTOS, LIBROS E XOGUETES: Recolleranse alimentos non perecedeiros que serán canalizados a diferentes colectivos grazas ao Banco de Alimentos Rías Altas. Dita actividade execútase dentro do programa “Deporte Solidario” en colaboración coa Fundación Emalcsa. Tamén poderedes traer material escolar e xoguetes que serán entregados á Cruz Vermella.

+ Ás 12:00, no Campo da Leña, o Centro Xuvenil Abeiro fará actividades e xogos para todas as familias que queran participar.

+ Ás 16:30, no Campo da Leña, a Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular montará xogos populares e tradicionais para as veciñas e veciños do Barrio.

+ Ás 17:00, na Praza dos Avós (Centro Cívico de Monte Alto), a Asociación Cultural Son d´Aquí organizará un obradoiro de Baile Tradicional para as nenas e nenos que desexen aprender muiñeira e jota. Ao final do obradoiro os nenos/as farán unha coreografía tradicional cos puntos aprendidos.

No obradoiro poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos. No caso de choiva farémolo no local de Son d’aquí (rúa Valencia, 4). O obradoiro será impartido polo mestre de baile Xabier Espasandín.

+ Ás 18:00, no Campo da Leña, o Grupo de Teatro Noite Bohemia do Instituto Zalaeta interpretará a obra “Miles Gloriosus”. Obra que interpretaron no Teatro Jovellanos de Gijón, no Colón da Coruña, no Palacio de Festivales de Santander e no Teatro Romano de Segóbriga (Cuenca).

  • PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES DOMINGO 6

+ Ás 12:00, o Colectivo Poético-Literario “In Nave Civitas” fará un roteiro que sairá da Praia Santo Amaro e percorrerá todos os recunchos da costa da Torre e coñeceremos os nomes e historias das súas pedras, furnas e lugares. Tamén será unha homenaxe ao histórico percebeiro coruñés e veciño do Barrio, Milucho Mariñas.

+ Ás 14:30, Merendiñas da Torre: Xantar popular no que, as persoas que o desexen, poderán traer comida, instrumentos musicais, xogos para pasar unha tarde en comunidade recuperando unha tradición do noso Barrio.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: