Comunicacións Directiva

“Festas Atochas – Monte Alto 2015”: Un novo sistema de participación e organización


organigrama festasA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere informar dun novo modelo de participación e organización nos tradicionais festexos que se celebrarán a primeira fin de semana do mes de setembro.

Dentro da liña iniciada dende hai dous anos, a directiva considera que chegou o momento de habilitar un sistema novo de creación das festas onde os axentes sociais, culturais, deportivos e económicos, nomeadamente o pequeno comercio da zona, así como a veciñanza a título persoal, acheguen ideas e colaboren activamente á hora de deseñar as actividades que se celebrarán a pé de rúa.

Por iso, a entidade celebrará unha asemblea aberta nas vindeiras semanas onde explicará a situación actual dos permisos das celebracións deste ano ao tempo que, coas persoas e entidades que asistan, fixarase a creación dunha Comisión Veciñal de Festexos.

Esta medida encádrase dentro da aposta firme da directiva pola apertura de novas canles de participación e de facer das festas un lugar de encontro e de transformación social.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: