Comunicacións Directiva, Cultura, Xuventude

Apertura da Biblioteca Veciñal até as 00:00 horas do 1 ao 5 de Xuño polos exames finais.


fondos-prestamoA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere informar ás veciñas e veciños da posta en marcha dun programa piloto de apertura da nosa Biblioteca Veciñal até as 00:00 da noite para o estudantado que se atopa en época de exames.

“Programa piloto de apertura da nosa Biblioteca Veciñal até as 00:00 da noite para o estudantado que se atopa en época de exames.”

Coñecedores da falta de Bibliotecas Públicas que ofrezan dito servizo na nosa cidade, a directiva quere colaborar coa mocidade que o precisa ofrecendo dito servizo de xeito totalmente gratuíto. Durante istes días, tamén poderán empregar dous ordenadores dos que hai no local coa finalidade de consultar a información que precisen.

Os horarios serán os seguintes:

Luns 1 Xuño: 16:30 até as 00:00
Martes 2 Xuño: 20:00 até as 00:00
Mércores 3 Xuño: 16:30 até as 00:00
Xoves 4 Xuño: 16:30 até as 00:00
Venres 5 Xuño: 20:00 até as 00:00

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: