Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

Negreira di agora que “promete” non construir o mamotreto na Praza Galatea das Durmideiras


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere facer pública a súa valoración oficial sobre o anuncio feito onte polo actual alcalde, Carlos Negreira, onde promete anular definitivamente o edificio proxectado na Praza Galatea (antiga canteira) das Durmideiras que contemplaba até 333 vivendas máis.

“Se o alcalde quere realmente que as veciñas e veciños crean na súa palabra, deberá modificar o PXOM.”

6 veciñ@s foran denunciad@s polas protestas

6 veciñ@s foran denunciad@s polas protestas

En primeiro lugar, este anuncio demostra que a entidade veciñal levaba razón cando informaba da ilegalidade que estaba a cometer o concelleiro de Urbanismo Martín Fernández, ao trasladar a edificabilidade a unha zona protexida e que comprometía, non só a declaración de Patrimonio da Humanidade do faro romano, senón tamén á veciñanza ao aumentar o número de persoas nun polígono coa edificabilidade pechada xa no seu día . Aumento que poría en perigo a saturación dos escasos servizos da zona e da mobilidade.

“Recordar que, o Goberno Municipal, o mesmo que agora recoñece que foi un erro, chegou a levar aos tribunais a 6 veciñas e veciños por opoñerse ao que, a todas luces, era unha ilegalidade e unha irresponsabilidade.”

En segundo lugar, consideramos imprescindíbel a modificación oficial da parcela que, a día de hoxe, si consta como edificábel. Se o alcalde quere realmente que as veciñas e veciños crean na súa palabra, deberá modificar o PXOM.

En terceiro lugar, como xa indicou a nosa entidade ao longo de todo o proceso, consideramos que as Durmideiras precisan melloras doutro tipo. Como un Centro de Día, xa solicitado en numerosas ocasións, nas Galerías Comerciais, a mellora das mesmas e a promoción dos comercios que hai abertos nas súas instalacións. Ou a tan demandada cuberta para a pista deportiva que hai na zona. Unhas promesas que, logo de catro anos de mandato, e que constaban no programa electoral do Partido Popular, nunca chegaron a facerse.

“Consideramos que as Durmideiras precisan melloras doutro tipo.”

Por último, recordar que, o Goberno Municipal, o mesmo que agora recoñece que foi un erro, acusou á nosa entidade de manipular a información e que mesmo chegou a levar aos tribunais a 6 veciñas e veciños por opoñerse ao que, a todas luces, era unha ilegalidade e unha irresponsabilidade.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: