Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Novo acto de caciquismo do Concello da Coruña


Mercado das Durmideiras. Foto Google Maps

Mercado das Durmideiras. Foto Google Maps

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre informa, a través do seguinte comunicado, que, perante o anuncio do Goberno Municipal do Partido Popular de entregar un local no Mercado de Durmideiras ao colectivo creado e financiado polo mesmo partido, fará chegar aos grupos da actual oposición, isto é PSOE, BNG e IU, un escrito informando do que está a acontecer e máis cando a nosa entidade leva tempo reclamando que dito local fose de lecer e aberto para a xente da Terceira Idade que carecían na zona dun espazo axeitado.

“A nosa entidade leva tempo reclamando que dito local fose de lecer e aberto para a xente da Terceira Idade que carecían na zona dun espazo axeitado.”

Este anuncio prodúcese a poucos días das eleccións municipais, sen concurso público aberto a outros colectivos, e sabemos que o feito da perda da maioría absoluta está detrás. A finalidade é a de asentar e rematar un plan premeditado e iniciado ao comezo do mandato de Carlos Negreira coa creación dun tecido asociativo afín. Algo que o noso colectivo leva denunciando durante todo este tempo e, máis, logo da retirada do Convenio Nominativo que axudaba a manter a Biblioteca Veciñal do Campo de Marte aberta, feito que procuraba o peche do local e o boicot ao traballo que, dende o ano 1977, a nosa entidade fai polos barrios das Atochas – Monte Alto.

“A finalidade é a de asentar e rematar un plan premeditado e iniciado ao comezo do mandato de Carlos Negreira coa creación dun tecido asociativo afín.”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: