Comunicacións Directiva, Urbanismo

Contestación da nosa entidade ao estudo de instalación de escaleiras mecánicas


Foto da Vía Ártabra

Foto da Vía Ártabra

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere facer pública a súa valorarión sobre o estudo de instalación de escaleiras mecánicas no barrio anunciado hai un par de días polo Goberno Municipal do Partido Popular.

“Consideramos preciso, e así levamos tempo demandando, un plan real de rehabilitación para os barrios das Atochas , Monte Alto e A Torre. “

Partindo da base de que dito estudo xa fora comunicado no 2011, consideramos que o anuncio responde a fins puramente electoralistas que procuran elevar o número de votos cara as vindeiras eleccións municipais.

Do mesmo xeito, ao longo deste tempo, a nosa entidade foi denunciando as eivas en mobilidade que existen no noso barrio e que, con menor custe, facendo as reformas precisas, mellorarían a calidade de vida da nosa veciñanza. Rebaixe, reparación e creación de beirarrúas (posto que hai lugares onde non existen), rebaixe das pendentes onde exista a posibilidade de facelo, instalación de sistemas de agarre nas pendentes pronunciadas co fin de que as persoas que o precisen podan empregalas, acceso mediante rampa onde existan escaleiras tradicionais… A experiencia no Mercado de San Agustín demostrou que as escaleiras mecánicas supoñen un elevado custe, reparación continua e mesmo chegan a ser un impedimento para as persoas con mobilidade reducida.

“Partindo da base de que dito estudo xa fora comunicado no 2011, consideramos que o anuncio responde a fins puramente electoralistas que procuran elevar o número de votos cara as vindeiras eleccións municipais.”

Consideramos preciso, e así levamos tempo demandando, un plan real de rehabilitación para os barrios das Atochas , Monte Alto e A Torre. Un plan integral que contemple prazos de actuación, presupostos reais e presenten solucións axeitadas aos problemas e carencias que sofremos. Por iso consideramos que os anuncios electoralistas e improvisados están fóra de lugar. Coa vida e as necesidades da nosa xente non se xoga.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: