Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Saúde, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Pista Deportiva de San Xosé: Abandonada.


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere denunciar o estado de abandono que sofre a antiga pista deportiva situada ao carón da Igrexa San Xosé e que pertence ao recinto relixioso.

“Consideramos preciso que, tanto a Igrexa coma o Concello da Coruña, cheguen a un acordo co fin de restaurar e poñer a disposición da xente do barrio e de xeito gratuíto a pista deportiva.”

Estado de total abandono da pista.

Estado de total abandono da pista.

Monte Alto, que carece de espazos deportivos gratuítos e onde a rapazada debe acceder de xeito “ilegal” aos patios dos centros escolares fóra de horario lectivo para poder xogar, ve como o espazo vai deteriorándose pouco a pouco sen que o actual párroco nin o Goberno Municipal fagan nada para impedilo.

Consideramos preciso que, tanto a Igrexa coma o Concello da Coruña, cheguen a un acordo co fin de restaurar e poñer a disposición da xente do barrio e de xeito gratuíto a pista deportiva. Algo que axudaría a mellorar o entorno, posto que daría unha alternativa lúdica á xente moza e sería unha saída fronte a outro tipo de actividades como o botellón ou as drogas. Do mesmo xeito, evitaríanse esceas perigosas como as de adolescentes saltando os muros dos centros educativos para xogar ao baloncesto ou o fútbol.

“Axudaría a mellorar o entorno, posto que daría unha alternativa lúdica á xente moza e sería unha saída fronte a outro tipo de actividades como o botellón ou as drogas.”

Indicar, por último, que tampouco existen lugares onde as rapazas e rapaces que queiran practicar o monopatín podan facelo, posto que teñen prohibido empregar as prazas para dito deporte.

"Queremos que sexa gratuíta e aberta á xente do Barrio."

“Queremos que sexa gratuíta e aberta á xente do Barrio.”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: