Ecoloxía, Saúde, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

A saúde das persoas non é un negocio: Mellora da liña 17 e retirada do cobro do aparcadoiro do Materno


Factura Aparcadoiro Materno

3,15 euros por 1h45m de consulta

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere denunciar o abuso que supón o cobro do novo aparcadoiro do Materno-Oncolóxico, así como a necesidade de ampliación do percorrido e mellora na frecuencia da liña de bus urbano número 17.

“Só dous buses fan dito percorrido até o CHUAC cada 30 minutos. Durante a fin de semana é un único bus cada hora dende o noso Barrio.”

A nosa entidade, que ao longo do tempo que durou a construción advertiu do perigo da privatización e cobro polo uso do mesmo, comprobou esta semana como as persoas que, por necesidade, deben acudir ao centro de saúde, están obrigadas a pagar o estacionamento dentro do recinto. Unha simple consulta, que pode durar entre hora e media ou dúas horas, costa 3,60 euros. Consideramos un despropósito o feito de facer negocio coa saúde das veciñas e veciños. Unha simple visual demostra a presencia de vehículos aparcados nas mesmas zonas que antes da construcción do novo aparcadoiro.

Como alternativa ao transporte privado, a nosa entidade leva reclamando dende hai tempo a necesidade de ampliación de ruta da liña de autobús número 17 até o Materno e o aumento da súa frecuencia. Actualmente, pola semana, só dous buses fan dito percorrido até o CHUAC cada 30 minutos. Durante a fin de semana é un único bus cada hora dende o noso Barrio.

Foto do bus 17 (Víctor Echave - A Opinión Coruña)

Foto do bus 17 (Víctor Echave – A Opinión Coruña)

Esta demanda, que xa lle foi comunicada á Concelleira de Mobilidade Begoña Freire, aínda non foi atendida polo Goberno Municipal. Agardamos que o Concello recapacite e elimine o cobro do aparcadoiro do Materno-Oncolóxico, tomando as medidas oportunas na modificación do traxecto e frecuencias do bus urbano.

“Agardamos que o Concello recapacite e elimine o cobro do aparcadoiro do Materno-Oncolóxico, tomando as medidas oportunas na modificación do traxecto e frecuencias do bus urbano.”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: