Dereitos Sociais, Ecoloxía, Migración, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Asina para a creación dunha “Horta Urbana Educativa-Comunitaria” no noso Barrio


horta-urbanaO proxecto, que parte do Centro Xuvenil Abeiro, leva xa dende decembro funcionando. É un proxecto educativo que procura crear lazos interxeneracionais e colectivos.

A fase 1 de creación de semilleiros e práctica de traballo en horta interior fíxose ao longo de xaneiro-febreiro no local da súa entidade, coas rapazas e rapaces do mesmo.

Agora na fase 2 tentaremos trasladar a “Horta ecolóxica colectiva-educativa” a unha zona do noso Barrio. De momento, a proposta do Campo de Marte foi denegada polo Concello e, logo de avaliala onte, pensamos en lugares alternativos e menos contaminados. O lugar escollido foi a Torre (onde antigamente xa se sementaba).

Os pasos serán os seguintes:

1. Recollida de sinaturas no Barrio para a creación da Horta.

2. Suma de apoios de colectivos sociais, culturais, educativos… Que queran traballar no proxecto.

3. Paralelamente, solicitar novamente o espazo ao Concello remarcando que é algo educativo e colectivo, aberto ao conxunto da veciñanza.

Asina Agora!

ou ben,

Báixate a folla de sinaturas e colabora!

Conversa

2 thoughts on “Asina para a creación dunha “Horta Urbana Educativa-Comunitaria” no noso Barrio

  1. ADIANTE!!

    Posted by ALEXANDRE NOVO LOPEZ | Marzo 17, 2015, 7:17 am
  2. Son de Monte Alto e asino para a creación dunha horta.Pensó que e boa idea y que se vexa verde e arbores non so cemento.

    Posted by Chelo | Marzo 17, 2015, 10:39 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo

A %d blogueros les gusta esto: