Comunicacións Directiva, Urbanismo

Remesa de solicitudes de melloras da nosa entidade ao Concello


A Asociación Veciñal informa ás socias e socios que onte entregamos unha nova remesa de peticións de melloras ao Concello da Coruña co fin de que atendan ás demandas que nos facedes chegar.

SOLICITAS ENTREGADOS

+ Asfaltado e mellora das rúas Vía Ártabra, Pérez Quevedo e Suevia. Adaptación das beirarrúas ás persoas con mobilidade reducida.

+ Asfaltado e mellora da rúa Vereda do Polvorín que se atopa, actualmente, chea de parches sendo, como é, unha rúa de importante actividade comercial e vida veciñal.

+ Logo das múltiples queixas recibidas pola veciñanza da zona, solicitamos a remodelación e mellora da pequena praza de xogos infantís que se atopa na rúa Vila de Cambre con Ángel Rebollo: eliminación do valado de pedra que a bordea polo perigo que supón, eliminación do desnivel da propia praciña, xogos infantís adaptados para nenas/os de 0-3 / 3-5 e maior control das defecacións caninas.

+ Solicitude de consulta do proxecto presentado para o Mercado de Monte Alto e as rúas da súa contorna, co fin de facer achegas ao plantexamento municipal de reforma logo de recibir suxestións das veciñas e veciños que empregan o lugar.

+ Recuperación das árbores que retiraron nas que se informaba da súa reposición fronte á entidade veciñal logo das múltiples queixas recibidas.

+ Na Ronda de Monte Alto: revisión do cemento que botaron na ladeira e que está a filtrar auga provocando un forte cheiro, mellora das escaleiras que baixan da vía Ártabra até a Ronda e adaptación das beirarrúas ás persoas con mobilidade reducida. Estudio instalación de sistemas de redución de velocidade nos pasos peonís da Ronda.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: