Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

Asemblea Veciñal Aberta Mércores 28 Xaneiro


Cartaz Asemblea

Cartaz Asemblea

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere anunciar a asemblea aberta que terá lugar na Biblioteca do Campo de Marte o vindeiro mércores 28 de xaneiro ás 20:30 horas.

Dita xuntanza vén motivada por petición dos propios comercios e a veciñanza da zona que, logo das concentracións e manifestacións feitas até o de agora, non perciben por parte do Goberno Municipal ningún tipo de movemento para solucionar unha situación que, a cada día que pasa, agrávase aínda máis.

Asemblea aberta que terá lugar na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte o vindeiro mércores 28 de xaneiro ás 20:30 horas.

No primeiro punto analizaremos e avaliaremos as repercusións das accións feitas para, posteriormente, decidir colectivamente que pasos dar co fin de rematar dunha vez cun problema que xa se fai insostíbel.

Denunciar, igualmente, que o único xesto da actual corporación municipal, co alcalde Carlos Negreira á fronte, foi a de tentar boicotear a loita das persoas do barrio a través de falsas informacións e actitudes que o único que procuraban era a división das persoas concentradas.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: