Comunicacións Directiva

Nova mobilización Mércores 10 Decembro ás 20:30


Concentración do mércores 3 decembro. - Foto de Víctor Echave (La Opinión A Coruña)

Concentración do mércores 3 decembro. – Foto de Víctor Echave (La Opinión A Coruña)

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, informa da continuidade das mobilizacións contra o “Edificio número 30” do Campo da Leña. A decisión, tomada en asemblea popular aberta no día de onte ao pé do andamio logo da concentración, veu motivada polo intento de división do Goberno Municipal no seo da veciñanza, pola falsa información de que antes do 1 de decembro o andamio sería retirado e polo boicot á nosa entidade tentando afastala das reunións institucionais.

Do mesmo xeito, a xente alí reunida, valorou positivamente os avances acadados e considerou a posibilidade de dar continuidade ás accións emprendidas con outros soares e edificios do barrio. A veciñanza e o tecido comercial considera que a actitude do Goberno Municipal coas Atochas – Monte Alto é de total abandono. Por todo isto informamos que, o vindeiro mércores 10 de decembro ás 20:30 horas, haberá unha nova mobilización onde tentaremos xuntar o maior número posíbel de persoas co fin de dar unha resposta contundente á actitude do alcalde Carlos Negreira.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: