Comunicacións Directiva, Urbanismo

Mércores 19 ás 10:00: o bus 6 comezará a pasar pola Ronda Monte Alto


imagesDurante tempo, as veciñas e veciños veñen demandando, a través da nosa entidade, a necesidade de que unha das liñas de bus urbano circule pola Ronda de Monte Alto e, durante tempo, a nosa asociación trasladou aos Gobernos Municipais dita demanda.

No día de onte, o actual Goberno Municipal convocounos a unha xuntanza no Pazo de María Pita para informarnos da modificación dos itinerarios de dúas liñas: a 6/6A e a 11. En dita reunión, que se celebrou este mediodía, estiveron presentes as Concelleiras de Barrio e a Concelleira de Mobilidade, Begoña Freire.

En fase de probas, o autobús número 6/6A comezará a operar na Ronda a vindeira semana, máis concretamente a partires do mércores 19 ás 10:00 horas. O itinerario será o seguinte:

– O bus circulará normalmente até Orillamar.
– A parada situada no bar “A Parra” trasládase un pouco máis atrás, onde está a oficina da “Abanca”.
– A seguinte parada sería ao final da Avenida de Navarra, onde está o sinal de STOP para xirar á esquerda cara a Ronda.
– Ronda Monte Alto, número 32.
– Ronda Monte Alto, diante da Galiña Azul e Centro de Día.
– Ronda Monte Alto, glorieta.
– Mercado Monte Alto.

+ NOTA: A nova parada da Glorieta sustituirá á que había ao final da rúa Santo Tomás, fronte ao Polideportivo.

A liña 11 tamén modificará o seu percorrido na volta e deixará de pasar por Cabo Ponte Anido para pasar por Salesianos, onde xa existe unha parada e ir polo Paseo Marítimo.

+ NOTA DA NOSA ENTIDADE: Ao remate da reunión, solicitamos á concelleira Begoña Freire que nos remitise todo por vía correo electrónico co fin de que poidades descargar a información. En canto a recibamos, poderedes descargala do noso blogue.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: