Comercio, Comunicacións Directiva, Ecoloxía

Denuncia soares 14 e 16 rúa Panadeiras


Soares 14 e 16A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere denunciar a situación de abandono que sofren os soares 16 e 14 da rúa Panadeiras situados ao carón da Casa-Museo Casares Quiroga e que   afecta á comunidade veciñal do número 18 polas constantes humidades, insectos da madeira, ratos e inseguriedade.

Do mesmo xeito, denunciamos a negación do Concello da Coruña de recibir ao presidente da comunidade veciñal do número 18 logo de que este, en reiteradas ocasións, solicitara unha xuntanza co fin de falar dunha situación que afecta directamente ao Concello da Coruña e a un dos seus edificios municipais.

Dita comunidade denuncia, igualmente, a obrigatoriedade normativa do PEPRI á conservación dos elementos protexidos dentro do plan especial mais que dita obrigatoriedade semella que só é aplicábel a particulares e non ás empresas constructoras que, como teñen demostrado no noso barrio, logo de mercar os edificios e soares abandónanos sen ningún tipo de control por parte dos organismos pertinentes. Caso similar ao edificio número 30 do Campo da Leña.

Do mesmo xeito denuncian un caos no actual PEPRI e a falta de contestación ás alegacións feitas no seu día en prazo e forma por parte da súa comunidade mentres a Concellaría de Urbanismo anunciaba en prensa que se contestaran a todas e cada unha delas.

A nosa entidade veciñal esixe ao Concello da Coruña a que reciban á comunidade do número 18 de Panadeiras co fin de falar da grave situación de ditos soares e a que se tomen as medidas oportunas co propietario do mesmo chegando á súa incautación e poñendóo ao dispor do uso público no caso de negativa por parte do propietario e mais cando supón un perigo para a veciñanza e o barrio.

As veciñas e veciños das Atochas – Monte Alto fartámonos de ver como as leis afectan de xeito diferente a unhas persoas e outras. Estamos fartas de ter que sufrir durante anos o desleixo e a pasividade das administracións públicas e ver como edificios e soares van degradándose aos poucos, en moitos casos edificios protexidos, para, posteriormente, derrubalos e especular cos seus terreos.

Soares 14 e 16 (3)Soares 14 e 16 (2)

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: