Comunicacións Directiva

Gerardo Crespo sinala a Carlos Negreira como creador das “Agrupaciones de Vecinos y Comerciantes”


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante as declaracións do presidente da “Federación de Vecinos Salvador de Madariaga”, Juan Sáenz-Chas, e a entrevista aparecida no día de hoxe no xornal La Opinión de Gerardo Crespo onde acusa ao alcalde Carlos Negreira de estar implicado directamente na creación de entidades veciñais e de comerciantes na cidade da Coruña.

A nosa entidade considera que as devanditas confesións son o suficientemente relevantes como para paralizar a adxudicación das subvencións a todas as entidades creadas recentemente e o inicio das investigacións oportunas para determinar a finalidade dos cartos recibidos ao longo dos catro anos do actual Goberno Municipal. De confirmarse esta información estariamos perante un caso máis de emprego de fondos públicos para favorecer intereses partidistas.

Do mesmo xeito, salientamos a importancia das declaracións que certifican, supostamente, a denuncia que no seu día a nosa entidade emitiu ao conceder, o Concello da Coruña, convenios nominativos a entidades sen traballo social recoñecido nin sede de traballo.

GerardoCrespo

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: