Comunicacións Directiva

Corrente Perigosa na Praia do Matadoiro


49793006A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, solicita ao Concello da Coruña a instalación dun aviso de perigosidade do baño na praia do Matadoiro, ao carón das rochas que se atopan pegadas á rampa de baixada.

O motivo da solicitude foi que, o pasado domingo, surfistas que se atopaban na praia denunciaron que tiveran que sacar da auga a cinco persoas de avanzada idade que se atopaban con problemas ao ser levadas pola forte corrente na zona. Isto, sumado á ausencia de socorristas, podería ter rematado nunha traxedia maior.

Consideramos que o Goberno Municipal debería instalar na zona indicada os avisos oportunos mesmo prohibindo o baño no caso de non haber na praia equipos de emerxencia e socorro. Apelamos, do mesmo xeito, á xente a que teña en conta esta cuestión e evite poñer en risco a súa vida e a dos que están ao seu arredor. A seguridade é cousa de todas/os.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: