Comunicacións Directiva

“Agrupaciones de Vecinos y Comerciantes”, outra trama do alcalde Carlos Negreira?


Pinchazo telefónico publicado pola Opinión da Coruña

Pinchazo telefónico publicado pola Opinión da Coruña

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere esixir publicamente ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, que aclare as palabras do Presidente da “Federación de Vecinos Salvador de Madariaga”, Juan Sáenz-Chas, cando nos pinchazos telefónicos di “Es que lo de Carlos tiene huevos, Que me mande montar asociaciones y nombre a ese mierda director de área. ¡Qué huevos!”.

Como xa denunciou a nosa entidade no seu día, non foi casual que coa chegada á alcaldía do Partido Popular comezasen a agromar na cidade “colectivos veciñais e de comerciantes” que, curiosamente, coincidían cos grupos de traballo organizados que o partido ten en cada barrio. Tampouco foi casual que ditas entidades comezasen a cobrar cantidades importantes de cartos en subvencións sen ningún tipo de actividade recoñecida e sen control algún sobre o gasto que fan.

Agardamos que esta investigación demostre á veciñanza que as nosas denuncias eran certas e que xulguen chegado o momento a actitude do Goberno Municipal e, nomeadamente, do alcalde Carlos Negreira Souto.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: