Saúde, Urbanismo

Concentración Venres 17 ás 20:00 Edificio Nº 30 Campo da Leña


CONCENTRACIONVENRES17ÁS20HORASA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, informa que, o vindeiro Venres 17 de Outubro ás 20:00 horas, no Campo da Leña (Praza España), está convocada unha concentración para solicitar ao Concello da Coruña unha solución definitiva ao grave problema tanto para a saúde pública como a seguridade das nosas veciñas e veciños: o edifico número 30 que leva anos en situación de abandono.

Logo das denuncias presentadas por particulares, comerciantes e pola nosa entidade e, posto que o Goberno Municipal segue sen tomar medidas no asunto, vémonos na obriga de saír ás rúas para denunciar unha situación que pode rematar en traxedia logo de comprobar a situación actual do inmoble: ratas, lixo a moreas, andamiaxe en mal estado…

Esta mesma mañá, o presidente da nosa entidade, Alberte Fernández, procedeu a solicitar o permiso pertinente perante a Subdelegación do Goberno.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: