Comunicacións Directiva

Asemblea Veciñal Aberta Mércores 11 ás 20:00


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, convoca unha asemblea aberta no Campo de Marte o vindeiro mércores 11 de xuño ás 20:00 horas.

Dende a nosa entidade consideramos que, obras como as do túnel da Mariña e do Parrote, poñen de manifesto a falta de participación da veciñanza en asuntos clave como son o uso que se lles debe dar aos fondos das arcas municipais. Especialmente cando barrios como os nosos están a sufrir un grave deterioro tanto a nivel urbano como social.

Exemplos como o peche do túnel de María Pita, clave para a vida e o comercio das veciñas e veciños das Atochas – Monte alto, sen previa consulta, pon de manifesto o tipo de cidade que o Goberno Municipal está a procurar: a Coruña de postal, a do turismo. Onde cada decisión é tomada no despacho, allea ao sentir das persoas que deben padecer as consecuencias de accións como estas.

Logo da petición de accións por parte das veciñas e veciños, a nosa entidade tomou a decisión de convocar esta asemblea. Pensamos que chegou a hora na que debemos dialogar na procura do barrio que queremos. Crear unha folla de ruta e de acción social que faga das Atochas – Monte Alto referente de participación e de colaboración mutua.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: