Comunicacións Directiva

Esiximos baixada do prezo do bus urbano


Bus4A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, esixe ao Goberno Municipal a rebaixa do prezo do bus urbano para as veciñas e veciños do barrio que se verán afectadas/os polo corte do túnel de María Pita durante os vindeiros dez meses.

Dende a nosa entidade consideramos que, o Concello da Coruña, non pode falar do transporte colectivo como alternativa cando o prezo do billete é desorbitado e as frecuencias, agora co corte do túnel e a modificación de itinerarios será pior, serán difíciles de cumprir por parte das/dos conductoras/es.

“Esiximos ao Goberno Municipal a rebaixa do prezo do bus urbano para as veciñas e veciños do barrio que se verán afectadas/os polo corte do túnel de María Pita durante os vindeiros dez meses.”

Do mesmo xeito queremos recordarlles que para moitas veciñas e veciños é imprescindíbel o emprego do vehículo particular xa sexa por motivos laborais ou familiares. Tamén apuntar se o Concello ten pensado habilitar zonas especiais de carga e descarga para os camións que precisen abastecer aos comercios do barrio sen verse ameazados polas multas.

“Tamén apuntar se o Concello ten pensado habilitar zonas especiais de carga e descarga para os camións que precisen abastecer aos comercios do barrio sen verse ameazados polas multas.”

Sería un xesto de boa vontade á hora de evitar futuros conflictos sociais que o Goberno Municipal tivera en conta as demandas que dende o noso colectivo se fan chegar a través deste comunicado.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: