Comunicacións Directiva, Urbanismo

Preparémonos urxentemente para a mobilización


10252076_10200871941440688_8260110958774870292_nA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, chama á veciñanza do barrio a prepararse urxentemente para a mobilización.

O corte do túnel de María Pita, vénse a sumar á listaxe de innumerabeis agravios que ao longo destes catro anos levamos padecendo. Incluída a represión.

Chegado este punto, ás veciñas e veciños non nos queda outra saída que a organización coa finalidade de ofrecer unha resposta contundente ao Goberno Municipal de Carlos Negreira.

Recoñecido polo propio Concello, máis de 30.000 persoas verémonos afectadas por un corte que repercutirá non só na vida social (autobuses, servizos médicos, mobilidade) senón tamén ao tecido económico e produtivo (mercadorias e traslados de carácter laboral).

“Chamamos á veciñanza do barrio a prepararse urxentemente para a mobilización.”

Para rematar, queremos desmentir perante a veciñanza as declaracións do tenente de alcalde de Seguridade e Mobilidade, Julio Flores, cando di que o medio ano de problemas circulatorios para As Atochas – Monte Alto son en beneficio dos mesmos. O arranxo do túnel débese ás obras impulsadas pola especulación no Parrote e a Mariña que, na súa futura conexión con este, precisará ser modificado para interconectalos. Farían as obras no túnel de María Pita de non darse esta circunstancia?

“Recoñecido polo propio Concello, máis de 30.000 persoas verémonos afectadas por un corte que repercutirá non só na vida social (autobuses, servizos médicos, mobilidade) senón tamén ao tecido económico e produtivo (mercadorias e traslados de carácter laboral).”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: