Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Saúde

Colonias Felinas: Esterilización, control e protección animal


Gato%20en%20la%20calleA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre informa que, no día de hoxe, o presidente da nosa entidade, Alberte Fernández Mariño, e o representante na Coruña da Asociación Animalista Libera, Rubén Pérez Sueiras, mantiveron un encontro co fin de achegar posturas no referente ás colonias felinas dos nosos barrios.

As dúas entidades analizaron a situación na que se atopan os animais así como a postura do Concello da Coruña á hora da esterilización, o control e a protección dos mesmos.

Coincidiron en denunciar o desleixo do Goberno Municipal do Partido Popular, así como a súa negativa ao diálogo co fin de chegar a unha solución beneficiosa integrada dentro das nosas rúas para os felinos e mellorar de igual modo a vida das veciñas e veciños.

418188_335640053138612_381862209_n                                           LOGONOVOAVV

Do mesmo xeito, chegouse ao acordo de colaboración entre ambalas dúas entidades co fin de marcar unha folla de rota na protección animal de cara o ano 2014 para os barrios das Atochas e Monte Alto.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: