Comunicacións Directiva, Cultura, Dereitos Sociais, Migración, Terceira Idade, Xuventude

Comunicado Prensa “Festas Atochas – Monte Alto 2013”


Actuación Pirilampo Festas Atochas - Monte Alto 2012. / 13Fotos

Actuación Pirilampo Festas Atochas – Monte Alto 2012. / 13Fotos

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, fai pública a súa postura logo de que o Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Cultura e do IMCE, non dera resposta no prazo solicitado, 14 de xuño, á petición de confirmación por escrito no referente ás “Festas Atochas – Monte Alto 2013” enviada o 29 de Maio.

O motivo de dita petición por escrito foi evitar o acontecido o ano pasado, que chegou a provocar de maneira momentánea a súa suspensión. Posteriormente, logo da falta de apoio institucional, a nosa entidade viuse na obriga de modificar o programa de festas celebrándoas grazas ao apoio do tecido comercial do barrio, das veciñas e veciños e dos fondos que a nosa propia entidade dispón para o día a día.

Por todo o anterior, denunciamos a falta de apoio da Concellaría de Cultura ás “Festas das Atochas – Monte Alto 2013” que se celebrarán, como cada ano, no Campo de Marte o Sábado 14 de Setembro do 2013.

Do mesmo xeito, aproveitamos a ocasión para convocar ao tecido comercial do barrio a unha asemblea aberta o Xoves 20 de Xuño ás 20:30 co fin de involucrar ao maior número de persoas na celebración das Festas. Algo que xa se puxo en práctica o ano pasado na zona de Orillamar e que a nosa entidade quere repetir este mesmo ano estendéndoo a outras zonas das Atochas – Monte Alto.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: