Cultura, Dereitos Sociais, Ecoloxía

As Atochas – Monte Alto co pobo saharaui


This slideshow requires JavaScript.

Onte, 10 de Maio, cumpríronse 40 anos do nacemento do Frente Polisario. Dende a Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, solidarizadas/os coa loita do pobo saharaui contra a ocupación do estado de Marrocos dos territorios do Sáhara Occidental, decidimos sumarnos ás conmemoracións e, en colaboración co colectivo Sarsur, fixemos unha pequena presentación do libro “Ritos de Jaima” de Limam Boisha, un poeta da “Xeración da Amizade” cuxo obxectivo é dar a coñecer ao mundo do sufrimento da súa xente.

Na presentación partillamos as diferenzas e similitudes entre a cultura saharaui e a galega, falamos do papel fundamental da muller na loita de liberación saharaui grazas á presenza dunha moza alí presente, dos territorios ocupados e o seu papel no conflito, escoitamos os poemas da voz do seu autor, da política internacional en relación ao Sáhara Occidental…

Unha das mellores presentacións que tivemos e que fixo que naceran lazos de amizade e cooperación entre Galiza e o Sáhara Occidental e, máis concretamente, entre as veciñas e veciños dos nosos barrios e este pobo asoballado… Ficaron impresionad@s pola historia da Biblioteca Veciñal…

E como dicía Celso Emilio Ferreiro:

“Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: