Ecoloxía

Acto Aniversario Irmanamento Monte Alto e Monte Pindo


Cartaz Pindo Aniversario

Clica na imaxe pra ampliar.

Dende a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a Agrupación Cultural, Recreativa e Deportiva Palavea Bravú e a Asociación Monte Pindo Parque Natural, queremos convidarvos ao acto de aniversario do irmanamento Monte Alto – Monte Pindo que terá lugar mañá, Sábado 4 de Maio, a partires das 11:30 no Campo de Marte.

Un acto onde haberá micro aberto para que as veciñas e veciños podan ler en defensa da Biblioteca Veciñal. Tamén teremos a presentación do poemario “Versos no Olimpo” (Poemas onde o Monte Pindo é protagonista).

Ao remate teremos concerto dos “Tres Trebóns” xunto con Moncho do Orzán, un dos máis famosos músicos da nosa cidade.

Así que xa sabedes!! Mañá a partires das 11:30, literatura, música, cultura de balde no Campo de Marte!!

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo