Urbanismo

Martín Fernández Prado: explicar o PEPRI a porta pechada e fóra de prazo


Martín Fernández Prado, Concelleiro Urbanismo

Martín Fernández Prado, Concelleiro Urbanismo

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, denuncia a estratexia do Goberno Municipal e, máis concretamente, de Martín Fernández Prado, de impedir á veciñanza das Atochas coñecer de primeira man o que significará o PEPRI e o Fóra de Ordenación logo de non ter aceptado a petición da nosa entidade para a realización dunha asemblea coas comunidades veciñais dos edificios afectados pola nova normativa como se fixo na Cidade Vella.

Así, logo de solicitar por rexistro a súa presenza nunha asemblea informativa como nos demandou a veciñanza, a resposta do concelleiro de urbanismo foi a de conceder unha entrevista a porta pechada xunto coa “Asociación de Vecinos y Comerciantes de Monte Alto” o 14 de Maio.

Os motivos que nos levan a denunciar e rexeitar publicamente a proposta do Concello da Coruña son dous: 1) O 14 de Maio é unha data fóra de prazo á hora de facer alegacións 2) Unha entrevista a porta pechada non é transparencia, é un mero trámite. A nosa entidade solicitou para as veciñas e veciños das Atochas o mesmo tratamento que tiveron na Cidade Vella. Algo tan básico como o dereito de ter información de primeira man dunha normativa que afectará ás súas vivendas e ao conxunto da cidadanía co fin de poder alegar e que se teña en conta o seu posicionamento.

A través do seguinte comunicado, rexeitamos publicamente o ofrecemento da Concellaría de Urbanismo e do Goberno Municipal de Carlos Negreira e convocamos unha asemblea veciñal informativa para mañá, Mércores 24 de Abril ás 19:30 na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte coas comunidades afectadas polo novo PEPRI e o Fóra de Ordenación.

Dende a Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules advertimos ao Concello da Coruña que non agardaremos por ninguén á hora de defender ás nosas veciñas e veciños.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: