Ecoloxía

Atención!: Veleno na Contorna da Torre de Hércules


Bolsa Raticida na Praia do Areal

Bolsa Raticida na Praia do Areal

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere denunciar a aparición de bolsas de veleno na contorna da Torre de Hércules e as praias da zona. Un feito que está a provocar o ingreso de animais por envelenamento.

Tamén denunciamos o feito de que haxa persoas que se adican a botar líquido anticonxelante nos bebedeiros caninos das fontes. Algo non só perigoso para os animais, senón tamén para as persoas que adoitan achegarse a beber ás mesmas.

Por todo isto, solicitamos ao Concello da Coruña e á Concellaría de Medio Ambiente a investigación do que está a acontecer e a persecución das persoas responsabeis.

Nos últimos días son moitas as denuncias veciñais por este asunto ao ser, a zona da Torre de Hércules, un dos mellores espazos para disfrutar e pasear cos cans logo de carecer a nosa cidade de lugares axeitados nos seus parques públicos.

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Veneno en la zona de la Torre | Barrio de Monte AltoBarrio de Monte Alto - Abril 4, 2013

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: