A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules , a través do seguinte comunicado, fai pública a súa postura sobre a sentenza do recurso presentado por parte dun dos promotores da Agra de Santo Amaro contra o Concello da Coruña.
A entidade amosa a súa satisfación perante un documento xudicial que demostra claramente o acertado do posicionamento das veciñas e veciños contrarios ao traslado da edificabilidade ao polígono das Durmideiras.
Do mesmo xeito, esiximos ao Concelleiro de Urbanismo, Martín Fernández Prado, que faga pública a postura do Goberno Municipal agora que a xustiza ampara ao Concello da Coruña e que diga abertamente se continuará adiante co proxecto de construción das 333 vivendas e o centro comercial na Praza Galatea.
De ser así, a entidade demostrará que o interese do concelleiro non é evitar o pago de indemnizacións millonarias, posto que agora unha sentenza exime ao Concello de todo pago, senón que detrás de toda a operación hai un negocio ben estudado e planificado que o concelleiro pretende sacar adiante a pesares da oposición veciñal e do atentado ecolóxico e histórico que supón o proxecto urbanístico do actual PXOM na contorna da Torre de Hércules.
Conversa
Trackbacks/Pingbacks
Pingback: A AA.VV. Monte Alto denuncia que o concello ten intereses no litixio da Agra de San Amaro | Barrio de Monte AltoBarrio de Monte Alto - Marzo 26, 2013