Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

Proceso 0000489/2013 #stopxuizospoliticos


stopxuizos

COMUNICADO DE PRENSA

Dende a comisión de afectados/as de Durmideiras facemos esta rolda de prensa para facer público o ataque contra a liberdade de expresión que se está levando a cabo por parte do concello, xa que o goberno municipal do PP, a través da súa Tenente de Alcalde, Rosa Mª Gallego, presentou unha denuncia contra uns membros desta comisión, logo de solicitar un informe á Policía Local, trasladándonos unha citación para o día 23 de maio no Xulgado por presuntamente, segundo figura na mesma, alteración da orde pública e desobediencia durante o pleno do día 6 de agosto. A realidade non ten nada que ver con dito informe, a nosa idea non era, en ningún momento, nin interromper nin alterar nada.

O día 1 de agosto acordamos nunha asemblea aberta asistir a este pleno, foi unha decisión unánime de todos os veciños e veciñas alí asistentes, en ningún momento foi decisión dunha soa persoa. Tomamos esta decisión porque en dito pleno íase tratar un tema de moito interés para nos, o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que afecta a zona de Durmideiras e a contorna da Torre de Hércules, co que pretenden edificar na zona de protección do entorno da Torre.

Nada máis entrar nese pleno vimos un despregue policial esaxerado e estiveron dende o primeiro momento facéndonos un marcaxe especial. Entre outras cousas, mandáronnos apagar os móbiles, facendo moito fincapé, cando máis tarde vimos que había xente sacándose fotos, parece que para uns hai unhas normas e para outros outras distintas.

No momento que se estaba a falar do PXOM, para amosar que non estamos de acordo co que queren facer nese plan, sacamos cada un un folio. En ningún momento houbo unha interrupción do pleno, nada máis sacar os carteliños viñeron os policías a dicirnos que nos tiñamos que ir e nada máis dicírnolo saímos sen opoñer ningún tipo de resistencia. Á saída fomos retidos e identificados pola Policía Local, coma se causáramos algún tipo de altercado.

No informe policial adxuntado á denuncia fanse argumentos propios do réxime preconstitucional, tales como, e citamos textualmente: “A la vista de que se estaba formando un grupo al que parecía dársele alguna consigna, el inspector optó por hablar con el presidente de la Asociación de Vecinos”.

Entendemos que o concello é a casa do pobo, dos cidadáns, no que temos dereito a expresar as nosas opinións libremente, con total liberdade, pero isto non é así, non só non nos deixan expresar o noso descontento, se non que nos denuncian. Isto o fan para criminalizar calquer tipo de movemento social que non está de acordo coas súas políticas. Mentres que a Asociación de Veciños Atochas – Monte Alto é castigada coa retirada do convenio da biblioteca polo seu posicionamento do lado dos veciños e veciñas de Durmideiras favorécense ás asociacións fantasmas promovidas por eles dándolles subvencións.

Se pretenden desmobilizarnos con esta denuncia, non só non o van a conseguir senón que sairemos á rúa con máis forza que nunca e chamamos aos colectivos da cidade a mobilizarse tamén.

LIBERDADE DE EXPRESIÓN!!!
STOP XUIZOS POLÍTICOS!!!!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: