Comunicacións Directiva, Cultura, Ecoloxía, Urbanismo

A AVV Atochas – Monte Alto non prestará seu local para o Entroido 2013


Foto Rúa Torre Entroido 2009. (Foto de Flickr de Luis M. Barreiro)

Foto Rúa Torre Entroido 2009. (Foto de Flickr de Luis M. Barreiro)

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, anuncia que non prestará o seu local social, a Biblioteca Pública do Campo de Marte, ao Concello da Coruña para o Entroido das Atochas – Monte Alto 2013 como viña facendo dende hai 27 anos.

A decisión vén logo da retirada do Convenio Nominativo por parte do Goberno Municipal de Carlos Negreira que procura, coas súas accións, afogar economicamente á entidade logo da nosa rotunda oposición á especulación urbanística nas Durmideiras. Un feito sen precedentes que afectará á calidade de vida da veciñanza posto que eliminará o que se converteu, co paso de tempo, nun punto de encontro social e cultural nas Atochas – Monte Alto.

Logo dun ano de andaina da nova directiva, as veciñas e veciños súmanse ao noso revolucionario proxecto social con ilusión e esperanza. Atopan baixo o nome da Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules unha causa común que defender, sabendo que non están sós nin soas ante as inxustizas que deben aturar cada día.

Como sempre, mantemos aberta a vía do diálogo para solucionar un conflito do que o Goberno Municipal liderado por Carlos Negreira é único responsábel.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: