Comercio, Comunicacións Directiva, Cultura, Dereitos Sociais, Ecoloxía, Migración, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Comunicado Oficial Esixencias 2013


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, fai pública a súa aposta por unha saída negociada ao conflicto da Agra de Santo Amaro e o barrio das Durmideiras.

Do mesmo xeito, denunciamos o posicionamento belixerante do Concello da Coruña ao boicotear calquera intento de diálogo que permita a resolución dun problema que afecta ao conxunto da cidadanía coruñesa. O Goberno Municipal liderado por Carlos Negreira, empregou efectivos policiais perante unha veciñanza que, de maneira pacífica e por vías democráticas, tentou amosar o seu rexeitamento a un acto especulativo sen presecedentes na nosa cidade.

Insistimos en sinalar que os promotores da Agra de Santo Amaro non teñen dereito a ningún tipo de compensación posto que ditos Estudos de Detalle son nulos de pleno dereito ao non contar co visto bo nin estar informado Patrimonio Cultural no seu momento.

Con iste comunicado anunciamos un incremento das mobilizacións sociais co fin de acumular as forzas precisas até conseguir os nosos obxectivos e as nosas esixencias:

1.- Recoñecemento da Comisión de Afectadas/os das Durmideiras e a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto como interlocutores no conflicto e recibimento oficial por parte do alcalde Carlos Negreira das mesmas.

2.- Paralización inmediata do “Pelotazo das Durmideiras” que procura a construción dun centro comercial e un edificio de 330 vivendas no xardín natural da Praza Galatea.

3.- Cese inmediato da persecución e o emprego das forzas de orde público contra o tecido social e cultural da nosa cidade.

A Coruña, 30 Decembro 2012

A.V.V. Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: