Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

Comunicado de Prensa: NON CEDEREMOS!


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, fai público o seu posicionamento perante as novas informacións sobor a Agra de Santo Amaro e o pelotazo urbanístico nas Durmideiras.

En primeiro lugar, denunciamos a ocultación do Concelleiro de Urbanismo Martín Fernández Prado da documentación referente ao Plan Xeral de Ordenación Municipal que afecta á Torre de Hércules e a súa contorna. Igualmente, denunciamos a falta de respecto que supón cara a veciñanza e os medios de comunicación de achegar, por parte do Concello da Coruña, fichas con multitude de erros que dificultan o entendemento das mesmas e a visión do resultado final de ditas obras.

Foto

En segundo lugar, insistimos noso posicionamento contrario á construción das 330 vivendas e o centro comercial no lugar da antiga canteira das Durmideiras. Seguimos a considerar a idea de Martín Fernández Prado un atentado ecolóxico e contra o patrimonio sen precedentes. Un atentado que, de facerse efectivo, non afectaría somentes ao polígono, tamén afectaría á cidade da Coruña e ao título de Patrimonio da Humanidade da Torre de Hércules.

Do mesmo xeito, pensamos que as e os promotores da Agra de Santo Amaro non teñen dereito a ningún tipo de compensación posto que ditos Estudos de Detalle son nulos de pleno dereito ao non contar co visto bo nin estar informado Patrimonio Cultural no seu momento.

Por todo o anterior, informamos que acudiremos ao pleno do vindeiro Mércores 26 de Decembro a amosar o noso total rexeitamento ao Plan Xeral de Ordenación Municipal co que o Goberno Municipal de Carlos Negreira tenta roubar os espazos públicos á veciñanza da Coruña especulando cos terreos para sacar un maior beneficio económico.

De seguir adiante o PXOM e de materializarse o roubo do espazo verde público da Canteira das Durmideiras advertimos ao Concello da Coruña do Partido Popular que as máquinas e os especuladores deberán loitar a pé de rúa por cada centímetro de terra. Non cederemos.

Alberte Fernández Mariño
Presidente Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: