Comunicacións Directiva, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Melloras para o Barrio, Boicot para a Asociación


A Coruña, 11 Outubro 2012.- A loita social emprendida pola Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules consegue que o Goberno Municipal, pese ao boicot ao que está a someter á nosa entidade, emprenda as obras de mellora demandadas pola veciñanza.

Polo que puidemos comprobar estes días, o Concello iniciou as obras dos xogos infantís do Campo de Marte. Unha demanda que comezou xa na pasada lexislatura, por esta Asociación Veciñal, e que foi trasladada ao novo Goberno Municipal.

Igualmente, os postes da luz abandonados que dificultaban a mobilidade e eran queixa continua por parte das veciñas e veciños, xa están a ser retirados. Postes que foron denunciados por parte da nosa entidade perante os organismos competentes.

A actuación nos dous casos vén de confirmar que o Concello só se está a guiar polas demandas que a nosa entidade entregou no seu día, mediante un informe entregado por rexistro o día 30/09/2011 e que non nos está a informar en ningún dos casos o plan de actuacións previsto.

Aproveitamos igualmente a ocasión para denunciar o boicot ao que está a someter o Goberno Municipal á Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules. Un boicot que pasa pola non recepción do Alcalde e das “Concelleiras de Barrio” á nosa directiva e que, polo que nos foi denunciado pola veciñanza, agora pasaron a ser “Caciques de Barrio” instando á xente a que non acuda a nosa entidade e que lles trasladen as demandas a elas directamente.

Tamén denunciamos o emprego das forzas de orden público como o 092 por parte do Concello da Coruña contra as entidades que consideran “inimigas” chegando ás ameazas con sancións administrativas no caso de producirse algún tipo de acto reivindicativo.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: