Comunicacións Directiva, Cultura, Ecoloxía, Terceira Idade, Xuventude

Especial Festas Atochas – Monte Alto!!


NON HAI FESTA COMO ESTA!!

Benvidas e benvidos á páxina oficial das “Festas Atochas – Monte Alto 2012”!! Como ben sabedes, cada ano, a segunda fin de semana de Setembro, celebramos as festas dos barrios máis emblemáticos da cidade da Coruña.

Este 2012, por problemas co Concello da Coruña, o programa de festas viuse alterado e tivo que ser adaptado a última hora para que se puideran celebrar. Igualmente, locais de ocio (Patachim, Maricastaña, Repichoca, Los Ángeles e O Mentireiro) decidiron sumarse e colaborar asumindo ampliar o número de rúas para esta edición.

Polo tanto haberá actividades e concertos tanto no Campo de Marte como na Rúa Orillamar!!

  • Como funciona o conto?!

Dende a entidade veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules e os locais de ocio decidimos que un xeito dinámico sería que a veciña ou veciño que viñese puidera escoller o que desexaba ver e que tivera onde escoller facendoa/o partícipe das mesmas.

O bochinche de bebidas estará na rúa Orillamar!!

Por iso mesmo haberá dous programas de festas:

Programa Festas Campo de Marte

  • 10:30 – Alborada
  • 18:00 – Pirilampo (música infantil)
  • 19:30 – Pregón Afectadas/os das Durmideiras
  • 20:00 – Banda do Gurugú
  • 21:30 – D´Peixes

Programa Festas Orillamar

  • 13:00 – Sesión Vermú (pregón, música e pinchos). Alborada ao comezo da festa e grupo de percusión con gaita Casa da Leiteira. Haberá Callos.
  • 17:30 – Obradoiros malabares, circo, percusión, pintura e globoflexia.
  • 19:30 – Espectáculo Circo
  • 21:00 – As Chiviñas
  • 22:00 – Malabares Lume
  • 22:30 – Rungekutta
  • 00:00 – Fin festa

Aviso!! Anunciamos que o Sábado vaise cortar a Rúa Orillamar de 11:30 a 00:00 no tramo da glorieta de entrada (onde está o Miau) até a Libraría Contos – San Brandán. (Menos para quen precise aparcar no garaxe)

Deseño: Susana Ríos González

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: