Comunicacións Directiva, Cultura

Haberá Festas Atochas – Monte Alto 2012


Foto Festas 2008

A CORUÑA, 30 AGOSTO 2012.- A Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer pública a súa resposta ante as mentiras ás que se aferran tanto a Concellaría de Cultura como o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

En primeiro lugar dicir que, nunha xuntanza na Ágora, o 16 de Abril, entre as Concelleiras de Barrio, o director do Colliseum e a responsábel do IMCE Dulce Rodríguez, onde nos dan as pautas a seguir para a solicitude das festas, indican que un criterio de avaliación a ter en conta será a innovación e a diversidade nas mesmas pregando ás entidades presentes, a modo de exemplo, que non solicitásemos inchables.

Asumindo isto, a nosa entidade prepara un programa que contempla diversas actividades dende a tradicional alborada, música para nenas e nenos , un clown , un grupo de música tradicional galega, regueifeiros, música cubana e un grupo de rock galego.

Nunha xuntanza á que somos convocados no mes de Maio en Casa Paredes, Dulce Rodríguez, a responsábel do IMCE, sorpréndese da calidade do noso programa de festas e destaca o feito de non solicitar inchables á hora de pensar actividades para as crianzas. Nesa mesma xuntanza comunícanos que será estudada a solicitude e que non ve problemas para a súa aprobación.

Dende ese momento a nosa entidade agarda a confirmación da aprobación do programa así como da contratación de todo o preciso para que as festas saian adiante. Mais, ao non chegar tal confirmación, a nosa entidade, a comezos de Xuño, chama a Dulce para saber en que punto está a nosa solicitude e nos comunica que está todo aprobado mais pregamos que nos sexa confirmado con feitos.

O tempo pasa e as confirmacións non chegan. A nosa entidade volve chamar en reiteradas ocasións ao longo dos meses de Xuño e Xullo. Dulce segue confirmando a aprobación do programa mais, pola banda do IMCE, as respostas que se dan son as seguintes: “Ahora estamos trabajando en las fiestas de Agosto, las vuestras son en Septiembre. Ya hablaremos.” ou, a semana pasada, en Agosto, logo de chamar preocupados porque non tiñamos coñecemento de que se fixeran as xestións oportunas, Conchita membro do IMCE, cando o noso presidente Alberte Fernández lle explica que chama para saber a situación das festas,  esta contesta “Simplemente te llamaba para saber el tema que era. Hablamos por la tarde”. A chamada nunca chegou.

Dende a Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules pensamos que a paciencia ten un límite e a nosa hai tempo que se esgotou. Consideramos un feito moi grave que un Goberno Municipal empregue a mentira e a represión como arma contra un colectivo que o único que fai é defender os intereses das veciñas e veciños co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Por este motivo, e ante o apoio masivo recibido por parte da veciñanza e o comercio á hora de sacar adiante as Festas Atochas – Monte Alto 2012, a nosa entidade asumirá os custos totais das mesmas financiando o palco, os equipos técnicos e grupos para que as mesmas se celebren. O único que se lle solicitou á Concellaría de Cultura foi o permiso da instalación dun palco no Campo de Marte, un punto de luz e un punto de auga.

XUNTA DIRECTIVA ASOCIACIÓN VECIÑAL

ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE DE HÉRCULES

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: