Comunicacións Directiva, Cultura

Suspéndense as Festas Atochas – Monte Alto 2012


Foto Festas 2008

“A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules comunica a suspensión das festas do barrio o Sábado 8 de Setembro.”

A Coruña, 28 Agosto 2012.- A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, fai saber que se suspenden, oficialmente, as festas do ano 2012 previstas para o Sábado 8 de Setembro.

O motivo de tan difícil e dura decisión veu provocado polo incumprimento do compromiso do Goberno Municipal logo de cumprir, pola nosa banda, todos cantos requerimentos foron solicitados pola Concellaría de Cultura e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

Estes dous organismos, aos que lles remitimos a documentación precisa no mes de Maio logo dunha xuntanza no Ágora onde nos explicaron o procedemento 2012 para as Festas dos Barrios e, posteriormente, logo dunha entrevista mantida coa Responsábel do Departamento, esta comprometeuse ao financiamento do Programa de Festas que lle presentamos. Mais, ante as nosas insistentes solicitudes de confirmación de grupos, artistas, equipos de luz, son e palco e permisos, limitáronse a colgarnos o teléfono non tendo constancia, a día de hoxe, que falasen cos grupos nin cos técnicos.

Por todo o exposto, a nosa Entidade Veciñal non pode asumir os custes de contratación dos equipos técnicos nin dos grupos sendo, este ano, privados os barrios das Atochas, Monte Alto, Torre de Hércules das súas tradicionais e emblemáticas festas. Indicar que xa se preparara un deseño de cartaz.

Descoñecemos os motivos que levan ao Goberno Municipal a tomar tal decisión. Agardamos que o noso posicionamento frontal e firme contra a construción das Durmideiras e Agra de Santo Amaro non teña nada que ver. De ser así, indicamos que seguiremos loitando contra algo que é inxusto, ilegal e inmoral.

XUNTA DIRECTIVA ASOCIACIÓN VECIÑAL
DAS ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE DE HÉRCULES

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Suspéndense as Festas Atochas – Monte Alto 2012

  1. en mi opinion se deberia hacer una concentracion delante del ayuntamiento y exigir que se lleve a cabo por parte de quien le corresponda una explicacion de por que no hay fiestas en dicha zona y si es por falta de dinero pedir explicaciones pues el centro disfruto de fiestas dejando a los barrios sin nada

    Posted by geles | Agosto 29, 2012, 8:52 am
    • Benquerida Geles,

      Moitas grazas pola túa achega. Se cadra non é tanto o tema dos cartos, as nosas festas nunca foron tan custosas como o resto, se non o feito de que modifiquen constantemente as normas do xogo. Como podes preparar algo se, a última hora, modifican todo? Comprometéronse a financiar todo o noso programa e agora saen ao paso decindo algo duns “hinchables” e “una verbena”. Xa non é a primeira vez que nolo fan ao longo deste ano… Dubidamos moito á hora de tirar a nosa nota de prensa, fomos pacientes… pero todo ten un límite.

      Un saúdo!

      Posted by avvatochasmontealto | Agosto 29, 2012, 11:13 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: