Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

Intento de división de Martín Fernández Prado


Carta Martín Fernandez Prado Onde Tenta Dividir Á Veciñanza

A Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, denuncia o intento de división veciñal por parte do Concello da Coruña non querendo recibir á “Comisión de Afectadas e Afectados das Durmideiras” escollida democraticamente polas veciñas e veciños do polígono en asemblea e que solicitou por rexistro unha petición de xuntanza co concelleiro Martín Fernández Prado sen recibir resposta algunha.

Pola contra, dito concelleiro está a enviar unha carta a cada veciña e veciño onde ofrece a posibilidade de informar individualmente do proxecto da Agra de Santo Amaro e as Durmideiras. Este feito lamentábel pon en evidencia a estratexia de querer dividir a unha veciñanza que se ten amosado, dende o comezo, cunha postura totalmente firme en contra de calquera plan que prevea a construción de edificios na contorna da Torre e a nosa costa.

Este tipo de actitudes non fan máis que incrementar os folgos da veciñanza de cara a paralizar no que é, a todas luces, un “pelotazo” urbanístico.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: