Comunicacións Directiva

Denunciamos o emprego de fondos públicos do Concello para a creación de entidades sociais afíns ao Partido Popular


A A.V.V. ATOCHAS – MONTE ALTO DENUNCIA O EMPREGO DE FONDOS PÚBLICOS DO CONCELLO PARA A CREACIÓN DE ENTIDADES SOCIAIS AFÍNS AO PARTIDO POPULAR

A Entidade Veciñal esixe ao Concello da Coruña a cancelación de ditos convenios e o reparto igualitario entre todos os colectivos da cidade.

A Coruña, 6 Xuño 2012.- A Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules denuncia publicamente os convenios asinados entre o Concello da Coruña e entidades como a de “Vecinos y Comerciantes de Monte Alto” á que se lle dan 4.000 euros, o que constitúe unha discriminación as demais asociacións e colectivos e significa un claro emprego de fondos públicos con fins puramente partidarios que procuran eliminar calquera tipo de contestación social organizada.

Por todo isto facemos públicas as seguintes esixencias:

1º Cancelación deste tipo de convenios.
2º Repartición igualitaria das axudas dunha maneira pública e clara.

De non atender ás nosas demandas, verémonos na obriga de tomar as medidas de loita social axeitadas co fin de parar os abusos do alcalde Carlos Negreira e o Goberno Municipal do Partido Popular.

AGARDAMOS RESPOSTA.

ASOCIACIÓN VECIÑAS E VECIÑOS
ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE DE HÉRCULES

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: