Comunicacións Directiva, Urbanismo

Denunciamos falta de transparencia no proxecto de aparcadoiro de Pablo Picasso.


A A.V.V. DAS ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE DE HÉRCULES DENUNCIA FALTA DE TRANSPARENCIA NO PROXECTO DO APARCADOIRO DE PABLO PICASSO

A entidade agarda que o Goberno Municipal presente á veciñanza o proxecto e que explique que fará coas 142 prazas que existen actualmente en superficie.

A Coruña, 1 Xuño 2012.- A Asociación de veciñas e veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, desexa denunciar a falta de transparencia por parte do Goberno Municipal no referido ao proxecto de aparcadoiro nos Pelamios.

A entidade, que non foi consultada en ningún momento, quere saber se as 142 prazas en superficie van seguir sendo de balde ou, polo contrario, o Concello tenta privatizalas por medio de zona azul ou zona verde. Entendemos que, nos tempos de crise actuais, non pode ser a institución municipal a que afogue, aínda máis, ás familias privatizando as rúas. Que farán as familias que non podan pagar unha praza no aparcadoiro soterrado? Do mesmo xeito recordámoslle a Negreira que esa rúa é empregada polo alumnado que acode á Escola de Artes Pablo Picasso e por moita xente que, non sendo do barrio, precisa estacionar alí seu vehículo por asuntos de negocios.

Por outra banda, tampouco entendemos o motivo de que o goberno presidido por Carlos Negreira insista na súa política de potenciación do transporte privado fronte ao público. A entidade veciñal segue apostando por un transporte público de calidade ao servizo da veciñanza que axude a desconxestionar a nosa cidade e contribúa a preservar o medio ambiente. Un transporte público que cumpra os horarios e adaptado a todas as usuarias e usuarios.

A entidade veciñal esíxelle ao Goberno Municipal xogo limpo á hora de traballar polo ben da veciñanza das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules. Non pode haber entendemento sen un diálogo fluído que contribúa ao benestar social da nosa xente. Por iso mesmo queremos saber todos os datos da obra que vai executar, os prazos e a futura reordenación dos Pelamios.

Por último recordarlles que o aparcadoiro soterrado non é a prioridade actual. Limpeza de solares e edificios abandonados, arranxo íntegro das rúas (sen parcheados), escolas infantís, alumeado público, sumidoiros, remodelación e mellora do Campo de Marte cun bo espazo de xogos infantís.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: