Comunicacións Directiva, Cultura, Xuventude

Por un ensino público, galego e de calidade!! (Comunicado Conxunto)


ASOCIACIÓN VECIÑAS E VECIÑOS ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE HÉRCULES

E

ASOCIACIÓN VECIÑAS E VECIÑOS OZA – GAITEIRA – OS CASTROS

COMUNICAN:

As Asociacións Veciñais asinantes, a través do seguinte comunicado, informamos do noso apoio incondicional ás alumnas e alumnos do IES Menéndez Pidal (Instituto Zalaeta) no seu peche de hoxe así como a nosa adhesión oficial á Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Consideramos que a educación é un dereito inalienábel que todos os gobernos deben garantir e nunca pode ser medida en criterios de rendibilidade económica. O ensino público é fundamental á hora da formación das nenas e nenos independentemente da procedencia socioeconómica ou xeográfica de cadaquén, aplicando as medidas compensatorias necesarias para garantir a igualdade de oportunidades. Por iso mesmo, nun momento de crise económica é cando cómpre fortalecer os servizos públicos e manter as dotacións necesarias para que non perdan calidade e para que o conxunto da cidadanía, esa que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos.

POR UN ENSINO PÚBLICO, GALEGO E DE CALIDADE!!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: